Xa estamos aquí con novas fotos! https://photos.app.goo.gl/6QwpzeJLEFaPo5P16
Onte participamos na carreira solidaria que organizou o colexio Sagrado Corazón de Placeres, con motivo do seu centenario, colaborando co Banco de alimentos de Pontevedra.
Sol, Illa das esculturas e unha xornada activa e saudable.
Esperamos que vos gusten as fotos, e se hai que quitar algunha -polo motivo que sexa- avisade e rápidamente se quitará da galería. Saúdos e que teñades unha magnífica Pascua
Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
venres, 12 de abril de 2019
luns, 1 de abril de 2019
D.A.F.I.S.
Moi boas! Como xa vos explicamos noutras ocasións, o noso Proxecto
deportivo de centro ten como finalidade a promoción de estilos de vida activos
e saudables dende un ámbito educativo.
Neste contexto, un dos nosos obxectivos tiña que ser, a valoración da
condición física. Necesitábamos saber como
estamos para así programar actividades
específicas naqueles aspectos a mellorar.
Aquí vos queda o enlace coa descrición das distintas probas:
E mais nada, esperamos que vos gusten as probas e que os resultados nos sirvan para ver cales son as nosas fortalezas e onde debemos incidir mais.
Saúdos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)