Moi boas! Xa
estamos novamente co blog operativo e que mellor modo que facelo coas fotos da
Carreira na Illa das Esculturas.
O mércores a
chuvia deunos unha tregua para que os nenos e nenas de toda Pontevedra puideran
participar na súa xornada de Cross. Foi o Campionato Zonal das xornadas de
deporte escolar que coma ven sendo tradición disputouse na zona da Xunqueira,
un dos mellores lugares da nosa cidade para poñerse as zapatillas e botarse a
correr.
Gran xornada de
participación, convivencia e de mostrar hábitos saudables para o noso tempo de
lecer. Aquí abaixo queda o enlace con algunhas fotos da xornada (esta vez
hai poucas porque o fotógrafo non estaba para moitas carreiras) e, coma sempre,
se considerades que algunhas da imaxes non debería estar subida, avisade, e
rapidamente quedará retirada.
Un saúdo e
esperamos que vos gusten!