martes, 20 de decembro de 2016

Consellos para manexar tanta pantalla...

O dito; aquí vos queda unha boa suxerencia para facer un uso saudable das novas tecnoloxías. Coma nas boas películas, o mellor para o final! E que teñades unhas Felices Festas!

domingo, 18 de decembro de 2016

FutSal, con terceiro!




Pois xa estamos novamente polo Blog! Esta vez co grupo de terceiro. Os primeiros en probar a nova actividade que estamos a desenvolver dentro do programa Xogade.
Estamos a falar do “FutSal”. Fútbol sala para que todos os nenos e nenas da nosa escola  poidan correr e xogar nun campo grande e sen os perigos e limitacións que temos dentro do noso centro.
A valoración foi moi positiva: houbo un gran ambiente, a xornada foi unha proposta coeducativa e todos pasamos unha mañá de deporte saudable. Próximo mes, nova xornada!
Entre partido e partido, fixemos algunha foto que aquí vos deixamos. Esperamos que vos gusten e, o aviso de sempre; se hai algunha imaxe que, polo motivo que sexa, considerades que non debería de estar, avisade e rapidamente se retirará.

Fotos da xornada de fútbol sala 

Un saúdo e a seguir facendo do noso tempo libro unha oportunidade de medrar sans e pasalo moi ben!

mércores, 14 de decembro de 2016

Mais fotos!

Xa estamos de novo por aquí! Esta vez coas fotos dos nosos colaboradores.

Por un lado vos queda a visión da carreira que nos deron os nosos reporteiros de quinto "Anxo e Daniela".
https://goo.gl/photos/45wyhQc2xkh35Ld79

A idea era aproveitar a carreira para desenvolver outras Competencias clave, además da propia competencia motriz do alumnado; pero as prisas dos ultimos días non nos deixou tempo para organizar os traballos dos nosos xornalistas. De todos modos, seguiremos traballando nesta liña.

E para rematar, aquí vos deixamos a galería que nos facilitou o pai de Lía. Esperemos que tamén sexan do voso agrado.

https://goo.gl/photos/fRqs8S5xu57SMZjK9

Coma sempre! Se hai algunha imaxe que consideredes que non debería aparecer, polo motivo que sexa; enviade unha mensaxe e se retirará automáticamente.

Un saúdo!

martes, 13 de decembro de 2016

Carreira rematada!


Pois xornada rematada! E moi boa, ou non?

Sol de decembro, moitos participantes e unha xornada na que o mais importante foi facer deporte dende unha perspectiva educativa e saudable. 
Houbo detalles que se poderían mellorar, coma sempre, pero o balance ten que ser positivo. De todos modos esperamos as vosas opinións.

Por certo, hai que darlle as grazas ás familias que viñeron a colaborar (axuda moi ben recibida, sen dúbida!)
Aquí abaixo,  vos queda o enlace cunhas primeiras fotos. Importante, se hai algunha imaxe que pensades que non debería de estar polo motivo que sexa, avisade; un correo, e rapidamente se retirará da galería.

Un saúdo e estamos en contacto!

Galería de fotos

domingo, 11 de decembro de 2016

Horarios!

Como xa se comentaba no xornal "Pontevedraviva.com", a carreira vai a ser todo un éxito de participación. 

Por este motivo haberá que organizar varias carreiras da mesma categoría, porque senón non entraremos todos.

Así que atentos! Aquí tedes os horarios, pero sempre pendentes dos vosos profesores e profesoras porque pode haber cambios, ok? (Froebel correrá nas series que aparecen de branco). 

Ah! O autobús! Que sairá ás 9.45 e regresará a unha. Moito ánimo e que a forza vos acompañe!!


xoves, 8 de decembro de 2016

Carreira campo a través!








Pois si! Por fin chega este martes, o día da carreira na Illa das Esculturas.

Como xa se vos explicou, a finalidade deste xornada é participar nunha especialidade do atletismo tan interesante como é a do campo a través (tamén chamada cross-country) que por algo somos plurilingües, ou non?
Participaremos con rapaces e rapazas doutros centros, coa finalidade de promover unha xornada de convivencia en contacto coa natureza. De feito o tempo parece que vai acompañar, así que todo vai a ser perfecto. Seguro!

Preguntas, preguntas, preguntas... Xa mo estou imaxinando... (“Vamos en bus?”, “Canta distancia teño que correr?...) Pois nada, aquí vos deixo toda a información da que dispoño. A ler vos toca!
E si... imos en autobús... Nos reservamos para a carreira (jajajaja!)



mércores, 7 de decembro de 2016

Presentamos ás clases de Sexto!



Bo día!
Xa estamos aquí de novo!  Esta vez para presentar aos maiores, ao noso alumnado de Sexto.
Aínda que no blog imos a recoller actividades saudables e deportivas para todo o centro, a verdade é que os cursos de 5º e 6º son os que mais van a colaborar no funcionamento desta bitácora.

Pois mais nada, aquí vos deixamos con 6ºA e 6ºB; clases nas que moitos deportes, actividades e intereses están representados. Xa veredes como pouco a pouco nos van a ir ensinando novas posibilidades de ocio activo.

Un saúdo e a prepararse para a carreira do día 13!