Este blog parte da premisa de que a necesidade de movemento é un dereito fundamental do noso alumnado. Coma centro comprometido coas novas competencias que demanda a sociedade, faremos da promoción dos estilos de vida saudables o noso principal obxectivo.
martes, 20 de decembro de 2016
Consellos para manexar tanta pantalla...
O dito; aquí vos queda unha boa suxerencia para facer un uso saudable das novas tecnoloxías. Coma nas boas películas, o mellor para o final!
E que teñades unhas Felices Festas!
domingo, 18 de decembro de 2016
FutSal, con terceiro!
Pois xa estamos novamente polo Blog! Esta vez co grupo de terceiro. Os
primeiros en probar a nova actividade que estamos a desenvolver dentro do
programa Xogade.
Estamos a falar do “FutSal”. Fútbol sala para que todos os nenos e nenas da
nosa escola poidan correr e xogar nun
campo grande e sen os perigos e limitacións que temos dentro do noso centro.
A valoración foi moi positiva: houbo un gran ambiente, a xornada foi unha proposta
coeducativa e todos pasamos unha mañá de deporte saudable.
Próximo mes, nova xornada!
Entre partido e partido, fixemos algunha foto que aquí vos deixamos. Esperamos
que vos gusten e, o aviso de sempre; se hai algunha imaxe que, polo motivo que
sexa, considerades que non debería de estar, avisade e rapidamente se retirará.
Fotos da xornada de fútbol sala
Fotos da xornada de fútbol sala
Un saúdo e a seguir facendo do noso tempo libro unha oportunidade de medrar
sans e pasalo moi ben!
mércores, 14 de decembro de 2016
Mais fotos!
Xa estamos de novo por aquí! Esta vez coas fotos dos nosos colaboradores.
Por un lado vos queda a visión da carreira que nos deron os nosos reporteiros de quinto "Anxo e Daniela".
https://goo.gl/photos/45wyhQc2xkh35Ld79
E para rematar, aquí vos deixamos a galería que nos facilitou o pai de Lía. Esperemos que tamén sexan do voso agrado.
https://goo.gl/photos/fRqs8S5xu57SMZjK9
Un saúdo!
Por un lado vos queda a visión da carreira que nos deron os nosos reporteiros de quinto "Anxo e Daniela".
https://goo.gl/photos/45wyhQc2xkh35Ld79
A idea era aproveitar a carreira para desenvolver outras Competencias clave, además da propia competencia motriz do alumnado; pero as prisas dos ultimos días non nos deixou tempo para organizar os traballos dos nosos xornalistas. De todos modos, seguiremos traballando nesta liña.
E para rematar, aquí vos deixamos a galería que nos facilitou o pai de Lía. Esperemos que tamén sexan do voso agrado.
https://goo.gl/photos/fRqs8S5xu57SMZjK9
Coma sempre! Se hai algunha imaxe que consideredes que non debería aparecer, polo motivo que sexa; enviade unha mensaxe e se retirará automáticamente.
Un saúdo!
martes, 13 de decembro de 2016
Carreira rematada!
Pois xornada rematada! E moi boa, ou non?
Sol de decembro, moitos participantes e unha xornada na que o mais importante foi facer deporte dende unha perspectiva educativa e saudable.
Houbo detalles que se poderían mellorar, coma sempre, pero o balance ten que ser positivo. De todos modos esperamos as vosas opinións.
Aquí abaixo, vos queda o enlace cunhas primeiras fotos. Importante, se hai algunha imaxe que pensades que non debería de estar polo motivo que sexa, avisade; un correo, e rapidamente se retirará da galería.
Un saúdo e estamos en contacto!
Galería de fotos
domingo, 11 de decembro de 2016
Horarios!
Como xa se comentaba no xornal "Pontevedraviva.com", a carreira vai a ser todo un éxito de participación.
Por este motivo haberá que organizar varias carreiras da mesma categoría, porque senón non entraremos todos.
Así que atentos! Aquí tedes os horarios, pero sempre pendentes dos vosos profesores e profesoras porque pode haber cambios, ok? (Froebel correrá nas series que aparecen de branco).
Ah! O autobús! Que sairá ás 9.45 e regresará a unha. Moito ánimo e que a forza vos acompañe!!
venres, 9 de decembro de 2016
Aínda imos ser uns cantos!
http://pontevedraviva.com/deportes/32752/mais-1-000-escolares-converteran-illa-esculturas-festa-atletismo-zonais-cros/
Nada, nada, que as noticias din que imos ser mais de mil na carreira do martes! Pois seguro que o imos a pasar moi, pero que moi ben!
xoves, 8 de decembro de 2016
Carreira campo a través!
Pois si! Por fin chega este martes, o día da carreira na Illa das Esculturas.
Como xa se vos
explicou, a finalidade deste xornada é participar nunha especialidade do
atletismo tan interesante como é a do campo a través (tamén chamada
cross-country) que por algo somos plurilingües, ou non?
Participaremos
con rapaces e rapazas doutros centros, coa finalidade de promover unha xornada
de convivencia en contacto coa natureza. De feito o tempo parece que vai
acompañar, así que todo vai a ser perfecto. Seguro!
Preguntas,
preguntas, preguntas... Xa mo estou imaxinando... (“Vamos en bus?”, “Canta distancia teño que correr?...) Pois nada,
aquí vos deixo toda a información da que dispoño. A ler vos toca!
E si... imos en
autobús... Nos reservamos para a carreira (jajajaja!)
mércores, 7 de decembro de 2016
Presentamos ás clases de Sexto!
Bo día!
Xa estamos aquí de novo! Esta vez para presentar aos maiores, ao noso
alumnado de Sexto.
Aínda que no blog imos a recoller actividades
saudables e deportivas para todo o centro, a verdade é que os cursos de 5º e 6º
son os que mais van a colaborar no funcionamento desta bitácora.
Pois mais nada, aquí vos deixamos con 6ºA e 6ºB; clases nas que moitos deportes, actividades e intereses están
representados. Xa veredes como pouco a pouco nos van a ir ensinando novas
posibilidades de ocio activo.
Un saúdo e a prepararse para a carreira do día
13!
martes, 29 de novembro de 2016
Presentando á clase de 5º
Pois aproveitando a colaboración de Anxo, alumno desta clase, contamos coa foto ideal para dar a coñecer ao grupo de 5º EP:
A idea é que
sexades vós mesmos os que fagades a presentación, a través dos comentarios.O que está claro
é que con este grupo todo van a ser facilidades.
Que opinades? Estades preparados para incorporar mais actividade física nas vosas xornadas??
Que opinades? Estades preparados para incorporar mais actividade física nas vosas xornadas??
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)